De aí, a teima durante toda a miña vida en conseguir xuntar as 12 parcelas en unha, dúas ou tres
pezas e poder levarlle auga a cada unha ou facerlle un pozo. Desa maneira podíase multiplicar por
tres o número de vacas e por cinco ou seis os litros de leite e «tetillas». Só con xuntar os campos de herba en dúas pezas, as parcelas de labradío en tres e as carballeiras e xesteiras en catro, daquela a miña familia podíanse alimentar quince ou dezaoito vacas contando co monte, porque as xesteiras
tamén se podían converter en pradeiras.