O obxectivo principal do traballo é que o alumnado analise e reflexione sobre o proceso de construción dun espazo xeográfico determinado ao longo dun período de tempo. Escóllese concretamente para este traballo a Ría de Vigo, identificando os diversos factores que interveñen na súa conformación, as diversas paisaxes xeográficas que se configuran e os procesos que maior influenza tiveron na transformación do territorio entre mediados do século XIX e a actualidade.