A zanfona é un instrumento medieval de orixe pouco coñecido e que se atopa nunha interesante etapa de difusión e penetración e mesmo está atraendo, de forma crecente, o interese de musicólogos, profesionais e afeccionados en Europa e aínda en América. É un instrumento recuperado para a interpretación musical e apetecido por moitos pola delicadeza do seu timbre y polo seu son harmónico de grande pastosidade.