Os campesiños víanse obrigados a desenvolver moitas destrezas para levar a cabo a súa vida cotiá. Tiñan que facer muros para protexer as súas colleitas. Apuntar a ferramenta. Deseñar e fabricar apeiros para traballar as terras, carrexar o toxo, o esterco, e a leña para quentarse. Cultivar o liño e facer a roupa, principalmente as mulleres.