En 1995 en Dinamarca, máis precisamente na cidade de Copenhague, xorde un colectivo de cineastas autodenominado Dogma 95. O manifesto deste movemento foi redactado por Lars Von Trier e Thomas Vinterberg.
O manifesto comeza coa exposición do principal obxectivo do movemento: “loitar contra certas tendencias do cinema actual”. Continúa cunha crítica ao cinema de autor xurdido en 1960. É dicir, unha crítica a un grupo de cineastas que tentou cambiar o curso que tiña o cinema até ese momento. Dogma 95 opina que “o cinema antiburgués transformouse en burgués pois fora fundado sobre teorías que tiñan unha percepción burguesa da arte”.